Nocturnal Misantropia
Espíritos do bosque Nesta enmeigada noite Do frío outono dos recordos Escoitade os nosos cantos Que se elevan coma o fume Do lume que crepita Que a vosa protección nos envolva Coma a néboa á temesiña ialba
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
A noite cae coa cega infamia Dos que se cren a sí mesmos inmortais Ruíns vermes arrastrándose no fango Que asolaga e abafa a miña gorxa Inútiles recordos de tempos pasados Paraíso perdido de pálidas caras Que co morto sorrir dos que enganan Atenúan a miña paixón por vivir Misantropía gravada co sangue da inocencia na lápida que enterra os soños... O pánico do que dorme quedo Na negra noite, gris presenza Que con ollos fríos me vixían Fanme gritar no silencio infinito Na néboa nocturna de insomnio provocado Pola inerte man de quen corta o fío Enmarañadas vivencias do neno xa morto Misanthropía gravada co sangue da inocencia na lápida que enterra os soños...
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
No lyrics have been submitted for this track yet.
Baixo arcos revirados da anterga sabiduría que no silencio de séculos escuros nos acollen con branca vontade na traza esotérica do ar invisible Tralas pedras que agochan os segredos Da néboa que cobre os camiños De dor entoxicada de mentiras Esmorece cansa a árbore da vida Fatal orballo de hipócritas linguas Que con unllas envelenadas rasgan a pálida pel da que profetiza o Destiño sen retorno ate o Descoñecido Acobillo Eterno No inmóbil asento de espiñas que se cravan no alento de quen na lúa ve o sagrado circulos concéntricos de mística saudade de quen espera o que ninguén posúe
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
No espertar dunha vermella mañá De morte negra, negras novas Pérdese no ar o tremor da compaña Estou só, ser Nada Sen recordos que me guíen quedo No hourizonte incerto da miña existencia trala lenta agonía de bágoas que se cravan, ser Eterno No valeiro ollar da morte Me consumo paseniñamente Sen o vello tempo que deteña A aqueles que nos deixan atrás
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
Tremo só no silencio Mentres caio polo abismo infinito Mentres ela, agora muda ante os meus ollos se dispón a levarme, a liberarme E o pasado, todo valeiro Que insiste en recorda-lo paraíso Pasa diante miña o que fun, Os que foron, os que non voltarán, sen Destiño E os frondosos bosques Que coa súa fragancia no recordo me levan lonxe murmuran entre eles, vermello outono que a vida sen paixón é un vano suplicio Mentres ollo o hourizonte recortado Pola fiestra de vidas separadas E repito os tristes cantos de vellos bardos que un home sen recordos non existe
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
A través do camiño que nos leva en mutua soedade ollo as cicatrices do tempo gravadas na pedra sen mesura séculos de lendas perdidas no recordo daqueles que rexeitan o meigallo da noite Visión de incertos sinos, baixo o influxo do inverno que a feiticeira entao nas notas do inesquecible falar de vellas crenzas que alumean a miña ialma ateigada de atrancos dos que envexan sen acougo No verde val descansa a sombra que me aflixe entre ríos de fría iauga que esmorecen na distancia na procura do silencio da dor dos esquecidos guiandos pola lúa que me acolle entre os seus brazos...
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026