A Hoste Antiga do Luceiro
Na terra onde no océano infinito É vencido quen rexe as estacións Na terro dos fríos regatos E montes de tépedas néboas Alzouse máis aló da memoria O que porta a luz Que guía nas tebras A Hoste Antiga dos Sennome Foi nado co escintilar primeiro Da lúa nova de inverno O que é venerado no silencio De máxicas e arcanas pedras E con el virán axiña Novos tempos para os calados Para aqueles que espreitan na soidade De camiños sen destiño Xa se escoitan en cumios vales Son de tambores e de gaitas De zanfonas e máis de harpas Dos Pobos do Oeste preparándose Para o Espertar...
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
Cantan na Galiza toda E ate en terras de Castela A historia dunha fidalga A que chaman a Balteira "entre os muros dalgún pazo Eu non quero ser fechada Que os ventos dos camiños CAnten as miñas fazañas" Das Cruzadas regresou Con sona de dona arlleira Xenreira dos cabaleiros Que non pudieron retela "Non penses que por mullere Eu son lene, doce e frouxa Se non cres ben o que digo Colle o arco, ven e aposta" "Non te fíes de Balteira Éche filla do diaño" "Sei cantar e sei bailare Sei facer perdelo soño Se na noite, home, non coidas Que os cartos queden sen dono" No ninal da súa vida Retirada no Sobrado Confesábase cos monxes Vendo voar os paxaros "Eu que nun mundo de homes Fun quen de vivir a vida O meu único pecado Foi perder a louzanía"
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
No tempo da lúa morta O renacer das avelaíñas Acrecenta as miñas visións Baixo o influxo do negrumante Xa o que gravou na madeira O destiño de quen me precede Iniciou a viaxe Entre baleiras olladas de incomprensión Contemplo os sendeiros trazados Na infinidade do ceo nocturno Mentres o xigante inscribe o seu cantar Na harmonía do luceiro Xa o alento dos devanceiros Vai esmorecendo Mentres con calma saudade Vixío o lume que me mantén morno No xélido regato Que se perde tralos murchos carballos Xa a estántiga me agarda Cos seus brancos silencios
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
No lyrics have been submitted for this track yet.
Lúa, que emerxes entre bágoas No solpor, entre lembranzas De imaxes que atesouran O efímero o eterno Lúa, nas fragas do pasado Onde as ialmas dos ausentes Aloumiñan as noites escuras De néboa dos maledicentes Árbores vixiantes da druídica maxia Que procede do león vermello Estatua da pedra ancestral Das arcanas crenzas e danzas Árbores vixiantes do tempo esnaquizado Polo dragón de lume que arrodea As estrelas centrais do frío norte Márcanme o sendeiro do meu final O corvo que se pousa Nos ósos apilados en túmulos verdecentes Elevará a meu espírito Cara o Lar dos Devanceiros, Cara a Imperturbable Harmonía Silenciosa
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
No lyrics have been submitted for this track yet.
Montes escarpados rachan o horizonte Mentres as néboas nos envolven paseniña No noso ascenso cara o cumio De pedras que sobreviven ao esquecemento A vella lareira nos acolle Entre cuncas de barro avellentado Polo tempo que nada nos perdoa Mais que mellora o nobre viño arlleiro As lendas saen da boca Do vello bardo Ulfxurz Mornas lembranzas de antigos reinos Que se somerxen na ialba Do lume que esmorece E nos retorna cara O circulo nai...
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026
Na noite que somerxe Os meus sonos no baleiro A miña ialma érguese Baixo estrelas xa extintas Vexo loitas, pensamentos De homes que ollan só o futuro Paixóns, aries abstractas De seres luminosos Mais todo insignificante Todo é Nada, sen sentido Cara un mañá inexistente Entre bágoas de saudade
Submitted by Nargaroth — Jun 18, 2026